Noticias destacadas no período comprendido entre as 12:00 e as 18:00 horas

Morre unha muller nun incendio nunha casa en Carral

Unha muller faleceu esta tarde nun incendio declarado nunha casa unifamiliar en Carral. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, a señora se atopaba nun dormitorio que ardeu case por completo. Ademais, o resto da vivenda se viu afectada polo fume e o tellado caeu parcialmente polas altas temperaturas. Segundo puido saber o 112 Galicia, a falecida era a única ocupante da casa.

A vivenda, composta por un baixo e unha baixocuberta, está situada no número 24 da rúa de la Osa Mayor.

O 112 Galicia tivo constancia do incendio a través da chamada de varios particulares, que indicaban que a casa estaba chea de fume e alertaban de que unha muller podería atoparse no interior.

Con estes datos, o persoal do CIAE 112 Galicia puxo a situación en coñecemento dos Bombeiros de Arteixo, do 061-Urxencias Sanitarias, da Garda Civil e de Protección Civil.

Unha vez no interior da vivenda, os membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Arteixo atoparon á muller falecida nunha habitación da baixocuberta.

Tras controlar e sufocar o lume, a dotación comunicou ao 112 Galicia que se descoñecen, polo momento, as causas que provocaron o incendio.

Rescatada unha muller que caeu por un barranco de tres metros na Rúa

Os Bombeiros de Valdeorras e o persoal do 061-Urxencias Sanitarias rescataron esta tarde a unha muller que caeu por un barranco duns tres metros na Rúa. Sucedeu na rúa del Arroyo, á altura da praza da igrexa, ao fío das 13:20 horas.

Nese momento, unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para dar conta dos feitos. Indicaba no seu relato que a muller se atopaba consciente e solicitaba medios para rescatala.

Acto seguido, dende o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia se pasaba o aviso aos Bombeiros de Valdeorras, á Policía Local, ao 061-Urxencias Sanitarias, aos efectivos do GES de Valdeorras e a Protección Civil.