Escuchar
Persoa que se baña nunha poza natural

 

O verán está a piques de rematar pero o bo tempo segue acompañándonos. Moitos de nós seguimos na procura dalgún río, praia ou piscina para darnos os últimos chapuzóns. Se ese é o teu caso, desde o 112 Galicia animámoste a que goces do bo tempo, pero tamén que poñas todo o que estea na túa man para evitar un accidente na auga. Aquí van algunhas recomendacións para reducir os riscos:

Se hai alguén en perigo, pide axuda. Non dubides nin un segundo en chamar ao 112 Galicia

Tamén, 

  • Recorda que é preferible mergullarse en zonas coñecidas porque saberás da súa profundidade, da temperatura da agua, da ondaxe, das mareas e das correntes
  • Goza dun baño en compañía e, se non sabes nadar, permanece preto da beira ou en zonas seguras
  • Se vas con nenos, préstalles especial atención
  • Lembra nadar en paralelo á liña de costa
  • Respecta as horas de dixestión e acostuma o corpo á temperatura da auga
  • Evita a exposición prolongada ao sol