Escuchar

Dúas persoas feridas nun accidente de tráfico en Salceda de Caselas

 

Dúas persoas resultaron feridas a pasada tarde nunha colisión na que se viron implicados outros tantos coches en Salceda de Caselas. O accidente tivo lugar na PO-411, concretamente no punto quilométrico 2.

 

O 112 Galicia tivo constancia do sinistro ao fío das 19:25 horas, a través da alerta dun particular. Indicaba que as persoas feridas atopábanse accesibles.

 

A partir de aí, dende o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia pasábase o aviso ao 061-Urxencias Sanitarias, á Garda Civil de Tráfico e aos Bombeiros do Porriño.

 

 

Arde un silo de serraduras nas Pontes de García Rodríguez

 

Un incendio declarado nun silo de almacenaxe de serraduras dunha fábrica nas Pontes de García Rodríguez provocou que ardese a estancia por completo, sen que ningunha persoa resultase ferida.

 

Os feitos producíronse ás 18:10 horas no Polígono de Penapurreira. Foi a esa hora cando un particular contactaba co 112 Galicia para dar conta do incendio.

 

Decontado, o persoal do CIAE puxo os feitos en coñecemento dos Bombeiros do Eume, da Garda Civil, de Augas de Galicia e de Protección Civil.

 

Unha vez na fábrica, a dotación controlou e sufocou o lume.