Boletín informativo das 13:00 horas do día 23/09/17

sábado, 23 Setembro, 2017 - 13:00
Noticias destacadas no período comprendido entre as 08:00 e as 12:00 horas

Unha peregrina, ferida ao caer da bicicleta en Paradela

Unha peregrina resultou ferida esta mañá despois de caer da súa bicicleta en Paradela. Os feitos ocorreron na estrada que une a localidade lucense con Portomarín.

O 112 Galicia recibiu a alerta do accidente a través do aviso dun particular ás 11:05 horas. Indicaba que a ferida precisaba asistencia médica.

Nese momento, dende o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia pasouse o aviso ao 061-Urxencias Sanitarias, á Garda Civil de Tráfico e a Protección Civil.

Finalmente, a peregrina accidentada foi trasladada ata un centro médico.