Boletín Informativo das 13:00 horas do día 23/11/17

xoves, 23 Novembro, 2017 - 13:00
Noticias destacadas no período comprendido entre as 08:00 e as 12:00 horas

Un ferido en Ribadavia tras envorcar co seu vehículo despois de saírse da vía

Un home resultou ferido despois de saírse da vía en Ribadavia. No momento de producirse o accidente o condutor circulaba pola estrada que une Ribadavia e Cortegada, ao seu paso por Franqueirán.

Unha persoa particular foi quen, ao fío das 10:00 horas desta mañá, alertou ao 112 Galicia. Indicaba que un coche envorcara despois de saírse da calzada e que o seu ocupante estaba fora do turismo. Nada mais chegar ao punto indicado, os efectivos do GES da localidade, tras ser alertados polo 112 Galicia,  solicitaron asistencia sanitaria para o condutor ferido.

O persoal do CIAE tamén solicitou a colaboración dos axentes de Tráfico.

Traballador ferido
Por outra banda, unha hora antes, un particular informaba ao CIAE dun operario ferido no Porto da Coruña. Indicaba que, debido a unha caída a distinto nivel, un traballador levara un forte golpe. Tras recibir a alerta, o 112 Galicia solicitou a intervención do persoal do 061-Urxencias Sanitarias. Así mesmo deu parte do acontecido aos axentes da Policía Nacional e Local, a Protección Civil e a Autoridade Portuaria da Coruña.

O ferido foi trasladado polos servizos sanitarios ao Hospital Modelo da Coruña.

 

Arde un silo de madeira no exterior dunha nave en Vigo

Un incendio nunha nave alertou esta mañá aos servizos de emerxencia. Sobre as 09:30 horas o CIAE recibía a chamada dun particular que informaba dun silo ardendo no interior dunha nave ao carón do Porto deportivo de Vigo, na baixada á Lagoa. Ao mesmo tempo, outros alertantes comunicaban ao 112 Galicia que unha columna de fume se apreciaba dende distintos puntos da cidade.

De inmediato, alertouse aos Bombeiros da cidade que decontado saíron cara o punto. Tamén,  púxose en alerta  á Policía Local, Protección Civil e ao 061-Urxencias Sanitarias, aínda que, afortunadamente non foi precisa a intervención dos servizos sanitarios. Así mesmo, informouse do incendio ao persoal do Servizo de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.

Os Bombeiros, unha vez extinguido o  lume, confirmaron ao 112 que unicamente ardeu un silo de madeira situado fora do recinto polo que, a nave non se viu afectada.

Incendio casa abandonada
En Santiago de Compostela, ao fío das 11:00 horas, un particular informaba ao 112 Galicia dun incendio nun axexo dunha casa deshabitada, na parte de abaixo da Trisca. Ata o lugar, desprazáronse os Bombeiros de Santiago. Ardeu un colchón, roupas vellas e outros utensilios que había no seu interior.

A Policía Local e os efectivos de Protección Civil tamén foron informados polo persoal do 112 Galicia.