Boletín informativo das 19:00 horas do día 12/10/17

xoves, 12 Outubro, 2017 - 19:00
Noticias destacadas no período comprendido entre as 12:00 e as 18:00 horas

Dúas persoas feridas ao caer da moto en Pontevedra

Dúas persoas resultaron feridas esta tarde, en Pontevedra, tras caer da moto na que viaxaban. Ocorreu na rúa Doutor Loureiro Crespo. 

O 112 Galicia tivo coñecemento da situación ás 18:40 horas desta tarde, a través dun aviso do 061-Urxencias Sanitarias. 

O persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias do 112 Galicia puxo os feitos en coñecemento dos Bombeiros de Pontevedra, de Protección Civil e da Policía Local. 

Ferido en Caldas
Xusto á mesma hora, outro motorista resultaba ferido ao sufrir unha caída, en Caldas de Reis. Máis en concreto, o accidente rexistrouse na N-550, na incorporación da circunvalación de Caldas. 

Foi unha persoa particular a que deu a voz de alarma ao 112 Galicia ás 18:40 horas desta tarde. Acto seguido, dende o CIAE do 112 informouse ao 061, aos Bombeiros do Salnés, ao GES de Valga, a Protección Civil e á Garda Civil de Tráfico. 

 

Arde unha autocarvana en Portomarín sen causar feridos

Un incencio, declarado en Portomarín, calcinou por completo unha autocaravana. Unha persoa particular alertou ao 112 Galicia minutos antes das 15:00 horas. Segundo explicou, no interior do vehículo non había ninguén. 

Cando se declarou o incendio, a autocaravana estaba estacionada á altura do quilómetro 21 da N-540. 

O persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias do 112 Galicia puxo a situación en coñecemento dos Bombeiros de Chantada, do GES de Monterroso, de Protección Civil e da Garda Civil de Tráfico. 

O lume quedou sofocado contras as 16:00 horas.