Boletín informativo das 19:00 horas do día 23/09/17

sábado, 23 Setembro, 2017 - 19:00
Noticias destacadas no período comprendido entre as 12:00 e as 18:00 horas

Rescatado un home que caeu ao mar en Noia

Un varón foi rescatado esta tarde pola Policía Local despois de caer á ría en Noia. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, o home precipitouse ao mar á altura da Ponte de San Lázaro.

Os axentes da Policía Local alertaron do ocorrido ao 112 ás 17:50 horas. Indicaban no seu relato que o varón atopábase inconsciente e engadían que uns piragüistas estaban intentando rescatalo, pero non o conseguían. Sinalaban, ademais, que un membro da Policía Local botárase ao mar para rescatalo.

Dende o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia pasouse decontado o aviso a Salvamento Marítimo, ao Servizo de Gardacostas, a Protección Civil e ao 061-Urxencias Sanitarias.

Finalmente, o home foi levado a terra polo axente.