Comproba as medidas de seguridade

Ter en conta as medidas de seguridade

Verán, vacacións... En resumo, tempada de festas. Por iso, dende o 112  lembrámosche  que  se te atopas nun evento con gran afluencia de público sigas as seguintes recomendacións. Serán de moita utilidade no caso de que se produza algunha emerxencia. 

Antes de asistir a un acto multitudianario o mellor que podes facer é comprobar que o recinto conta con todas as medidas de seguridade
 

 

  • Cómpre ter as saídas de emerxencia ben localizadas. Se podes, memorízaas, xa que no caso de ter que abandonar o lugar, deberás empregar a que estea máis preto de ti. Intenta, ademais, facer a evacuación de forma ordenada e prestando atención ás indicacións dos axentes de seguridade
     
  • Comproba se hai barreiras, sinais de dirección ou altofalantes a través dos que a organización poida dar indicacións sobre a onde se ten que dirixir a xente en caso de emerxencia
     
  • Se é necesario, pregunta á organización se teñen contemplado un plan de evacuación
     
  • No caso de ter que evacuar o recinto, mantén a calma e non perdas tempo recollendo os teus obxectos persoais, como cazadoras ou bolsas
     
  • No caso dun desaloxo de urxencia, camiña rápido pero sen correr. Non empregues ascensores
     
  • Se ves algún obxecto sospeitoso afástate del, evita que outras persoas se acheguen, non o toques e avisa axiña ás forzas de seguridade