Detente e sinaliza tan axiña como te decates

entra en dirección contraria

Respectar rigorosamente o código de circulación é o mellor xeito de previr un accidente. Presta moita atención aos sinais de tráfico, que agochan todos os segredos das estradas. Nos accesos ás vías de atla capacidade, ante calquera dúbida, mira dúas veces antes de meterte: podes acabar entrando por onde os demais queren saír.
 

 

Pero se por un despiste accedes a unha autovía ou autoestrada en sentido contrario, ten enconta estas indicacións:


 

  • Tan axiña como te decates, para o coche no arcén exterior, pon as luces de emerxencia, os triángulos e o chaleco.
     
  • Non corras o risco de circular en dirección prohibida ata atopar a seguinte saída. Esta temeridade pode acabar en traxedia.
     
  • Unha vez teñas garantida a túa seguridade e a do resto de condutores, chama ao 112. Os seus profesionais vanche axudar, enviando aos servizos de emerxencia que precises. Mentres non chega a axuda, agarda fóra da calzada