Frea moderadamente e toca o claxon

cabalo cruzando a vía

Os animais necesitan desprazarse dun sitio a outro para buscar alimento.

Normalmente, fano polos seus camiños habituais, pero, en moitas ocasións, as estradas cortan estes pasos. Así, recomendamos:

 

 

 

 

  •  Reduce a velocidade cando cruces zonas boscosas. Ten en conta que é difícil que os animais cambien os seus carreiros habituais.
     
  •  Se te atopas cun animal na vía ou nos bordos e levas postas as luces de longo alcance, cambia a curto alcance, frea moderadamente e toca o claxon. Unha manobra de evasión brusca pode ser realmente perigosa para o condutor, ocupantes, outros vehículos e o animal
     
  •  Ademais, pensa que detrás dun animal pode haber outros atrasados da manda, que poderían cruzar a estrada de forma inesperada.
     
  • No caso de que a colisión sexa inevitable, lembra: suxeita con forza o volante, continua recto e frea
     
  • Se sufriches un accidente, detente de maneira controlada, sinaliza e chama ao 112