Mantén a calma, chegarás antes!

operación retorno

O verán toca ao seu fin. Para moitos aínda comeza o tempo de lecer, para outros chega a hora de volver á rutina. En calquera caso, se tes que coller o coche non esquezas consultar o estado das estradas e confirmar o bo funcionamento do teu vehículo. 

Dende o 112 Galicia, co obxectivo de garantir a túa seguridade, propoñémosche seguir as seguintes recomendacións.

 

  • Revisa o teu coche e asegúrate que está en perfecto estado
     
  • Se o tempo non acompaña, podes consultar as alertas por meteoroloxía adversa na web do 112 Galicia
     
  • Consulta o estado das estradas a través dos medios de comunicación
     
  • Tamén podes informarte da situación do tráfico en tempo real na web da DXT
  • Se viaxas non nenos, utiliza as prazas traseiras do vehíuclo, son mais seguras
     
  • No caso de usar cadeira infantil, axusta ben os cintos de suxeición
     
  • Lembra descansar cada dúas horas
     
  • Respecta os límites de velocidade
     
  • Evita calquera distracción mentres conduces: GPS, móbil, etc.
     
  • ​Se estás en apuros, chama axiña ao 112