Ollo! non hai socorristas

Praia sen socorristas

Algúns dos nosos arenais carecerán de vixilancia nos vindeiros días pero, aínda así, apetecerá gozar do sol, da calor e tomar un baño na praia, no río ou na piscina.

No 112 Galicia agardamos que goces destes días estivals, pero tamén che pedimos que teñas moi en cuenta unha serie de recomendacións para evitar posibles riiscos e accientes. Báñate preferentemente en zonas controladas e sempre dentro dos espazos habilitados.

 

Ademais:

  • Se alguén está en perigo, pide axuda 
  • Antes de bañarte, intenta saber algo máis do lugar no que estás, por exemplo, a profundidade e temperatura da agua, fondos, ondaxe, mareas, correntes...
  • Respecta as horas de dixestión e cando te metas na augua procura acostumar o corpo á súa temperatura
  • Evita a exposición prolongada ao sol
  • Ante cualquera situación de emerxencia chama ao teléfono gratuíto 112