Escuchar
luns, 18 Xuño, 2018

Tres persoas resultaron feridas despois de colidir dous turismos ao seu  paso pola localidade coruñesa de Valdoviño. Ademais, un dos feridos, unha muller tivo que ser liberada polos Bombeiros de Ferrol ao quedar atrapada no interior dun dos vehículos implicados.

O accidente ocorreu sobre as 11:30 horas desta mañá, á altura do punto quilométrico 16 da AC-566, concretamente, no lugar de Pantín.

A esa hora, un particular informaba ao 112 Galicia dun choque entre dous turismos e un deles envorcado na estrada.  Foi a partir dese momento, cando os profesionais do CIAE alertaron da situación ao persoal do 061-Urxencias Sanitarias, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Ferrol e aos membros do GES de Mugardos. Do mesmo xeito, informaron do acontecido á Policía Local e aos efectivos de Protección Civil da localidade.

A intervención do persoal do servizo de mantemento da estrada tamén foi requirida polo 112 Galicia, que se encargaron das tarefas de limpeza da vía.

Unha vez liberada, a muller foi trasladada polo persoal sanitario ao centro hospitalario de referencia.