Escuchar
luns, 18 Xuño, 2018

Un motorista sufriu lesións de carácter grave como consecuencia dun accidente de tráfico rexistrado nas proximidades da Estación de Tren do Carballiño.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia tivo coñecemento do suceso ás 16:30 horas de hoxe mediante a chamada de alerta dun dos implicados no accidente, que pedía asistencia médica urxente para o motorista tendido na vía despois de ser atropelado por un turismo.

Deste xeito, desde o 112 Galicia, avisouse aos profesionais do 061-Urxencias Sanitarias, que puxeron a disposión o helicóptero medicalizado con base en Ourense co fin de axilizar o traslado do ferido.