As competencias que en materia de protección civil ten transferidas a Comunidade Autónoma de Galicia, son responsabilidade da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a cal depende directamente da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia.
Un dos seus obxectivos fundamentais é o da protección das persoas e bens, en situacións de risco colectivo ou catástrofe. E para logralo, Protección Civil leva a cabo tarefas de previsión, prevención, planificación, intervención e rehabilitación, en colaboración coas diferentes administracións.
Para iso conta con dous tipos de plans, territoriais e especiais, que regulan o funcionamento e a organización dos recursos humanos e técnicos para a prevención e actuación en situacións de urxencia.
Plans territoriais
O esquema xeral de actuación en materia de protección civil vén definido polo Plan Territorial de Protección Civil da Comunidade Autónoma de Galicia (PLATERGA). É o marco que fixa o esquema organizativo xeral en relación co seu correspondente ámbito territorial.
Neste apartado enmárcanse tamén os plans de emerxencia municipal (PEMU) e os plans de actuación municipal (PAM).
PROTECCIÓN CIVIL LEVA A CABO TAREFAS DE PREVISIÓN, PREVENCIÓN, PLANIFICACIÓN, INTERVENCIÓN E REHABILITACIÓN, EN COLABORACIÓN COAS DIFERENTES ADMINISTRACIÓNS.

Plans especiais
Son aqueles que se refiren a riscos concretos e que, polas súas especiais características, requiren duns métodos técnicos determinados para a súa avaliación, planificación e actuación.
Os plans especiais vixentes actualmente en Galicia son:
Riscos naturais
Riscos antrópicos
Riscos tecnolóxicos
Fichas e Guías en caso de Emerxencia
Programa ERGO 2008 de CANUTEC "Guía de Resposta en caso de Emerxencia"
http://www.tc.gc.ca/canutec/spanish/ergo2004_sp
Fichas de Intervención en Accidentes de MM.PP. de la Dirección General de Protección Civil y Emergencias
http://www.proteccioncivil.es/es/DGPCE/Informacion_y_documentacion
Fichas de Intervención ante accidentes con MM.PP. del Gobierno Vasco
http://emergencias.euskadi.net