XESTIÓN DE CALIDADE:
O Centro de Atención de Emerxencias 112 Galicia é un servizo
Certificado pola Norma ISO 9001:2000, o que implica que posúe un sistema
de xestión que garante ós
cidadáns unha atención e xestión das
emerxencias eficaz e eficiente, mediante estándares establecidos pola
organización, buscando sempre a mellora continua e cumprindo os requisitos que
os cidadáns demandan na atención ás emerxencias, así como os legais e
regulamentarios
-
•
Dicimos o que facemos
-
•
Xustificámolo
-
•
Facemos o que indicamos
-
• Demostrámolo
En outubro de 2003 o 112 Galicia certifica o Sistema pola Norma UNE-EN ISO
9001:2000. Este Sistema é auditado anualmente por AENOR, co
resultado de “Avaliación Conforme”. Actualmente trala publicación da nova versión da Norma ISO 9001 o 17 de novembro de 2008 a UNE-EN ISO 9001:2008 - Sistemas de Xestión de Calidade. Requisitos - vai sustituir á versión anterior.
Un selo de calidade recoñecido internacionalmente
Grazas á implantación dun Sitema de Xestión de Calidade no 112
Galicia
realízase un traballo mais eficaz, mais eficiente, poñendo énfase
no cidadán e cun mellor aproveitamento dos recursos.
A obtención deste certificado internacional salienta o compromiso que tanto a
Dirección como o conxunto de persoas que forman parte do 112 Galicia asumen
unha responsabilidade tal coa cidadanía, que lles leva a traballar pensando en
qué medida é posible mellora-lo servizo prestado ós cidadáns e ós
Organismos de Seguridade e Emerxencia da Comunidade Autónoma de Galicia
Mais información nos seguintes arquivos en formato pdf:
Certificado
de Rexistro de Empresa Certificado
Internacional IQnet
Carta
Xeral de Servizos Política
de Calidade